03 mayo 2008

TADEGa.net: (Portada).

TADEGa.net

"TADEGaTIC para todas e todos"

Que é TADEGa?
Cómo xa temos indicado na portada, TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade, é dicir:
A discapacidade.
A multiculturalidade.
O mundo do maior.
O mundo rural.
A sobredotación.
A marxinalidade social.
E todo un longo etc. que abrangue a todas as persoas que, os que se cren normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).
O caso é que as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no lugar de axudar á integración de todos, aínda incrementan a segregación de quen non poden acceder a elas por causa dos nosos deficientes e discriminatorios deseños.

O noso obxectivo é dobre: por un lado rachar esta fenda dixital (así é como se chama esta inxusta situación) e, pola outra: investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propor as ferramentas, as maneiras, e os métodos para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais nos campos educativos nos que estamos a traballar.
Este é o noso compromiso, e este traballo sempre nos terá entretidos e ocupados; o labor sempre estará inacabado; a mellora sempre é posible.

No hay comentarios: